A Palleira é unha casa de aluguer. Consta de Planta Baixa e Planta Alta. Foi restaurada no 2005. Está pegada á casa dos propietarios. Na Planta Baixa a casa conta con salón, cocina e un aseo. O salón está dotado cunha biblioteca e cheminea de leña, mentras que a cociña ten todo o necesario menaxe, vaixela para 8 persoas, cociña eléctrica, nevera, lavadora e microondas.

Na Planta Alta hai 3 habitacións dobres, unha delas con 2 camas e un baño privado e outras duas con cama de matrimonio e carto de baño compartido.

A Casa tamén conta con calefacción, teléfono e acceso WI-FI a internet.

Ofrecemos roupa de cama e baño.
No exterior, sobre unha finca cerrada de 6000 metros cadrados temos:
  • Aparcamento propio
  • Xardín
  • Barbacoa
  • Cenador
  • Piscina
  • Campo de petanca
  • Horta
  • Galiñeiro
  • Tendeiro

E ademais tamén hai acceso a unha finca anexa de 20.000 metros cadrados na que pasear ou correr.